Mario Gibanel
Gibanel | |||
---|---|---|---|
Información persoal | |||
Nome | Mario Gibanel Raluy | ||
Nacemento | 27 de agosto de 1975 | ||
Lugar de nacemento | Binéfar | ||
Altura | 1,85 m. | ||
Posición | Mediocentro | ||
Información de club | |||
Club actual | Deportivo da Coruña (2º ad.) | ||
Carreira xuvenil | |||
Binéfar | |||
Carreira sénior | |||
Anos | Equipos | Aprs | (Gls) |
1991–1993 | Binéfar | 16 | (1) |
1993–1995 | Deportivo Aragón | 29 | (4) |
1995–1997 | Binéfar | 63 | (19) |
1996 | → Huesca | 4 | (0) |
1997–1998 | Mallorca B | 40 | (6) |
1998–1999 | Levante | 35 | (3) |
2000–2004 | Terrassa | 143 | (20) |
2004–2007 | Ciudad de Murcia | 105 | (11) |
2007–2008 | Granada 74 | 37 | (1) |
2008–2009 | Nàstic | 21 | (1) |
2009–2011 | UD Logroñés | 61 | (2) |
2011–2012 | Binéfar | ||
2012–2013 | San Sebastián de los Reyes | 33 | (4) |
2013–2014 | Binéfar | ||
Total | 587+ | (72+) | |
Adestrador | |||
2015–2016 | Lleida (2º ad.) | ||
2018 | Zaragoza (2º ad.) | ||
2019 | AEK Larnaca (2º ad.) | ||
2021 | Cultural Leonesa (2º ad.) | ||
2021–2022 | Eldense (2º ad.) | ||
2022–2023 | Leganés (2º ad.) | ||
2023– | Deportivo da Coruña (2º ad.) | ||
Partidos e goles só en liga doméstica. [ editar datos en Wikidata ] | |||
Mario Gibanel Raluy, nado en Binéfar o 27 de agosto de 1975, é un exfutbolista e adestrador español, que dende 2023 exerce como segundo adestrador do Deportivo da Coruña. Como futbolista xogaba de mediocentro e ao longo dos seus máis de 20 anos de carreira, disputou máis de 600 partidos, 228 deles na Segunda División. Dende a súa retirada traballa como adestrador asistente, sendo integrante habitual nos corpos técnicos de Imanol Idiakez.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Como futbolista
[editar | editar a fonte]Comezou a súa carreira como futbolista no Binéfar da súa vila natal, debutando co primeiro equipo na Segunda División B con só 16 anos. Con 17 anos chegou ao Deportivo Aragón, filial do Zaragoza no que militou dúas tempadas. Non conseguiu consolidarse e en 1995 regresou ao Binéfar,[1] onde xogou dous anos cunha breve cesión ao Huesca en 1996.[2] Na tempada 1997/98 vestiu a camiseta do Mallorca B, sendo titular indiscutible e logrando o ascenso a Segunda. Repetiu éxito na seguinte campaña, nas filas do Levante, cando o equipo se proclamou campión do Grupo III e ascendeu na promoción. Na tempada 1999/00 Gibanel debutou na categoría de prata, na primeira xornada ante o Logroñés nas Gaunas, onde sufriu unha lesión que o afastou durante meses dos terreos de xogo.
No mercado invernal do ano 2000 saíu cara ao Terrassa, no que militou durante os seguintes catro anos e medio. Na tempada 2001/02 conseguiu o terceiro ascenso á Segunda División da súa carreira, e durante os seguintes sete anos militou na segunda categoría do fútbol español, nas filas do propio Terrassa, do Ciudad de Murcia, do Granada 74 e do Nàstic de Tarragona.[3] Acumulou 228 partidos en Segunda, nos que marcou 19 goles.
A continuación xogou dúas campañas na UD Logroñés, antes de regresar en 2011 ao Binéfar, da Terceira División. Con todo, na campaña 2012/13 volveu saír para xogar co San Sebastián de los Reyes unha última campaña na Segunda División B,[4] categoría na que sumou un total de 251 partidos e 27 goles. Tralo descenso do equipo madrileño, xogou unha campaña máis no club antes de volver con 39 anos ao Binéfar,[5] ao que capitaneou ata que colgou as botas definitivamente.
Como adestrador
[editar | editar a fonte]Na tempada 2015/16 traballou por primeira vez con Imanol Idiakez, exercendo como segundo adestrador deste no Lleida, da Segunda División B.[6] Despois dun tempo traballando como observador para a canteira do Atlético de Madrid, en xuño de 2018 volveu con Idiakez para dirixir o Real Zaragoza, na Segunda División, ata que o corpo técnico foi cesado en outubro.[7] En 2019 acompañou o técnico vasco a Chipre, onde colleron as rendas do AEK Larnaca.
En abril de 2021 chegou á Cultural Leonesa para reforzar o corpo técnico, como asistente do irmán de Imanol Idiakez, Iñigo.[8] Na campaña 2021/22 foi segundo adestrador de José Juan Romero no Eldense.[9]
Para a tempada 2022/23 regresou con Imanol para traballar no Leganés.[10] No verán de 2023 Idiakez foi elixido como novo adestrador do Deportivo da Coruña, na Primeira División RFEF, e o técnico levou de novo consigo a Gibanel.[11]
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ "El excanterano Gibanel será el segundo de Idiakez y Orozco el preparador físico" (en castelán). 18 de xuño de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "El Huesca recibe al Toledo". Diario del Alto Aragón (en castelán). 23 de abril de 1996. p. 31. Consultado o 17 de setembro de 2023.[Ligazón morta]
- ↑ "El Nástic ficha a Gibanel" (en castelán). 11 de agosto de 2018. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "Mario Gibanel pone rumbo a tierras madrileñas" (en castelán). 25 de xullo de 2012. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "Mario Gibanel es nuevo jugador del Club Deportivo Binefar". Facebook (en castelán). 26 de agosto de 2014. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "Mario Gibanel cuelga las botas y será el segundo entrenador del Lleida Esportiu" (en castelán). Consultado o 11 de junio de 2018.
- ↑ Bravo, Chema R. "Natxo González se despide y le releva Imanol Idiakez". Consultado o 11 de junio de 2018.
- ↑ "Mario Gibanel llega a la Cultural" (en castelán). 6 de abril de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "JJ ROMERO YA TIENE SEGUNDO: MARIO GIBANEL" (en castelán). 3 de agosto de 2021. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "El C.D. Leganés completa el cuerpo técnico de Imanol Idiakez" (en castelán). 30 de xuño de 2022. Consultado o 17 de setembro de 2023.
- ↑ "Gibanel, “complementario” a Idiakez en el banquillo del Dépor". La Opinión A Coruña (en castelán). 12 de xullo de 2023. Consultado o 17 de setembro de 2023.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- Datos do adestrador en LaPreferente.com (en castelán).
- Nados en Binéfar
- Nados en 1975
- Futbolistas de Aragón
- Centrocampistas de fútbol
- Xogadores do CD Binéfar
- Xogadores do Real Zaragoza B
- Xogadores do SD Huesca
- Xogadores do RCD Mallorca B
- Xogadores do Levante UD
- Xogadores do Terrassa FC
- Xogadores do CF Ciudad de Murcia
- Xogadores do Granada 74 CF
- Xogadores do Gimnàstic de Tarragona
- Xogadores do UD Logroñés
- Xogadores da UD San Sebastián de los Reyes
- Adestradores de fútbol de España